Tuesday 21 de May de 2024

Aberto o prazo para inscribirse no I Torneo de Xadrez Concello de Fene


A ACRD O Pote de Maniños acollerá o domingo 12 de novembro o I Torneo de Xadrez Concello de Fene, organizado pola Escola de Xadrez da Galicia Norte coa colaboración da Escola Ferrolá de Xadrez e o patrocinio do Concello de Fene. O certame desenvolverase a partir das 11 da mañá, con sesións ás 11, 12 e 13 horas, e de tarde, ás 16, 17 e 18 horas, e cun ritmo de xogo de 20´+ 2” finish. Segundo informan desde a Concellería de Deportes, as inscricións terán un custe de 5€, agás para os/as residentes en Fene (previa acreditación) que serán de balde. O prazo de inscrición está aberto, até media hora antes do comezo da competición, podendo realizarse por correo electónico (xoanrei@gmail.com) ou por teléfono (655796421)